Neste momento estás a ver Nadalfin 2025. Relatos e poemas polo Nadal

Nadalfin 2025. Relatos e poemas polo Nadal

NADALFIN 2025 é a felicitación que vos brinda cada autor por estas festas, en galego ou en castelán porque cada quen é libre de escribir ao seu xeito.

NADALFIN é un proxecto de LETRA ESCRITA enfocado á publicación anual dun libro de relatos, poemas, ilustracións e fotografías elaborados polos asociados con motivo do Nadal. O principal é publicar e dar visibilidade ao traballo, ao esforzo e a ilusión que estes autores transmiten na súa obra e poñen ao dispor do lector. Enténdase en todo caso traballos elaborados por autores noveis, para algúns a súa primeira publicación.

Con NADALFIN 2025 iniciamos a andaina neste proxecto que conta coa colaboración de:

  • Limiar de Francisco Castro, escritor, editor e músico do popular barrio de Teis (Vigo)
  • Roberto Penas Mariño, avogado e escritor en Vigo atrévese co xénero epistolar co que asalta cada Nadal aos seus máis íntimos e agora suscita á reflexión.
  • Mikius Mora, na súa escrita busca a reflexión interna no lector, a través dun diálogo emocional e sincero coas seus personaxes, e coas súas voces narradoras.
  • Verónica Suárez, Namorada das letras dende nena, a escritura foi sempre unha necesidade que pronto tomou forma como diarios, contos, artigos … chegando de xeito natural á poesía.
  • Adelfa Rola, apaixonada pola narrativa de ficción e a ilustración, está na procura de crear un mundo cos seus propios personaxes para compartilo con todos vós.
  • María Soaje, ama a letra escrita nas súas diferentes ramas: a poesía, os contos infantís e o relato.
  • Teresa Grande, docente de lingua galega e literatura, ten preferencia pola narrativa e, especialmente, polo relato curto en galego.
  • Javier Corbacho, contable e docente, empezou a escribir preocupado por mellorar a narrativa nos textos profesionais que elabora, así chegoulle a paixón pola escrita de relato curto en galego
  • Yael Gundín, apaixonada polo estudo das emocións e da mente humana, defínese como escritora emocional para a que escribir é un espazo onde parar, sentir e poñer orde ao que leva dentro.
  • Martín, (Thupten Chophel) fotógrafo e escritor, de novo foi monitor da Escola Galega de Alta Montaña e dende entón a cámara de fotos é a súa compañeira de viaxe.

NADALFIN 2025 rematouse de publicar o 23 de nadal de 2025. De tirada limitada, podedes solicitar o voso exemplar a través do formulario de contacto da web.

LETRA ESCRITA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en Vigo co obxectivo de promover actividades de escritura entre persoas con inquietude por escribir, animándoas a crear contidos e obra literaria, poñendo en valor a cultura de Galicia e, en particular, o uso do idioma galego. Consideramos que é moi importante motivar aos autores, axudalos a superar limitacións e darlles visibilidade. Neste proxecto, no que os que os autores achegan a súa ilusión nos textos que poñen a disposición do lector, é moi valorada a opinión que nos fagan chegar porque sen lectores non hai escritores.

 

Patrocina:

dende 1991…
a túa saúde é a nosa estrela

natura patrocinador NADALFIN 2025

c/. Urzáiz, 144 Bajo * 36206 Vigo — Teléf: 986 270 101
Síguenos en: facebook | Instagram