Neste momento estás a ver Certame de relato curto NUN RECUNCHO DA MEMORIA

Certame de relato curto NUN RECUNCHO DA MEMORIA

AFAGA convoca o XII Certame literario de relato curto 2026 co título “Nun recucho da memoria” co que aborda o tema do dó anticipado.


Fundada en Vigo hai máis de 30 anos AFAGA —Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia— é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias e a dos seus familiares.

Na súa labor de concienciación promove este certame de relato curto, con periodicidade anual. Na presente edición búscase abrir un espazo á reflexión sobre o dó que viven os familiares e amigos que, no día a día, acompañan ao doente de enfermidades neurodexenerativas. Cando o alzhéimer chega, os cambios non ocorren de golpe, senón que aparecen pouco a pouco, de xeito sutil, case en segredo. Quen acompaña ao doente emprende tamén un cambio, na que o amor, a paciencia e o coidado adquiren valores esenciais. Un proceso lento e silencioso no que se mesturan as emocións de tristeza, cansazo, amor incondicional, culpa, frustración e medo ante o inevitable. Os relatos deberán describir o que tantas familias e amigos senten en silencio, incluíndo vivencias honestas, humanas e próximas.

Poderán participar todas as persoas escritoras maiores de 16 anos, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten relatos orixinais, inéditos e escritos en castelán ou galego, sendo preferente o galego.

Os relatos presentaranse dende o 5 de maio de 2026 ao 6 de xullo de 2026, en formato dixital (online). A obra gañadora será seleccionada composto por un grupo multidisciplinar de persoas, relacionadas co mundo do Alzheimer e das demencias neurodexenerativas.

Premiarase o mellor relato de cada unha das categorías, castelán e galego, con:

  • Un libro electrónico ou ebook, que poderá ser substituído, dentro dos mesmos rangos económicos fixados razoablemente pola asociación, cun teléfono móbil ou unha tablet.
  • A publicación dos relatos vencedores, salvo comunicación en contra previa, expresa e por escrito, nunha edición recopilatoria das obras gañadoras das últimas edicións, en formato papel e dixital.

Os resultados daranse a coñecer, previsiblemente, durante a primeira semana de setembro de 2026,

Para máis información consultar as bases publicadas na web de AFAGA