Descripción
Primeiro libro publicado polo autor, recolle dous microrelatos e dez relatos breves escritos en galego. En total doce contos nos que a Morte é recurrente inda que en ningún caso son contos de terror.
Doce porque é un número cunha simboloxía peculiar. Doce meses ten o ano, todos os días as doce da noite nace un novo día e ás doce da noite do derradeiro día de cada ano nace un novo ciclo anual, coa esperanza de que sexa mellor que o pasado. Polo tanto os doce contos como metáfora das doce badaladas que pechan un ciclo para empezar outro novo con esperanza renovada.
Doce relatos aos que pretende dar a esencia do conto falado que de neno escoitaba en boca da súa nai e que aos poucos se vai perdendo na tradición oral.
- Aspiracións (microrelato).
- O exame.
- A moneca.
- A verdadeira historia do home do saco.
- Pita que a levas.
- A chegada do Estraño (microrelato).
- O mineiro.
- A horta das azaleas.
- Amor verdadeiro.
- O capturador de esencias.
- A traizón.
- Os mortos tamén morren.

Valoraciones
No hay valoraciones aún.