Javier Corbacho
Javier Corbacho
Información en la descripción de la taxonomia ACF de AUTORES para añadir a los productos libros del autor Javier Corbacho
Libros publicados
-
- Libros, Relato
Bicos de mortequilla
- 12,00 € IVA incluido
- Primeiro libro publicado polo autor, recolle dous microrelatos e dez relatos breves escritos en galego. En total doce contos nos que a Morte é recurrente inda que en ningún caso son contos de terror. Doce porque é un número cunha simboloxía peculiar. Doce meses ten o ano, todos os días as doce da noite nace un novo día e ás…
- Añadir al carrito
-
- Libros, Poesía, Relato
ephemeris (2026)
- 10,00 € IVA incluido
- EPHEMERIS é o agasallo dos nosos autores con motivo do primeiro aniversario da asociación, en galego ou en castelán porque cada quen é libre de escribir ao seu xeito. Un matraz no que personaxes e historias mestúranse tentando sintetizar a fórmula máxica do pracer pola escrita. Nesta mestura cada autor agocha o seu ingrediente secreto—a auga de vida— co que…
- Añadir al carrito
-
- Agotado
- Libros, Poesía, Relato
nadalfin 2025
- 10,00 € IVA incluido
- NADALFIN é a felicitación que vos brinda cada autor por estas festas, en galego ou en castelán porque cada quen é libre de escribir ao seu xeito.
- Leer más
-
Nota biográfica
Nado en Ourense en 1968, diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de contabilidade e auditoría, exerce como profesional no ámbito da consultoría empresarial e da docencia para o emprego.
Empezou a escribir motivado pola preocupación en mellorar a narrativa nos textos que elabora para materiais didácticos e documentos técnicos co fin de facilitar a comprensión polo destinatario. A aprendizaxe de técnicas de escritura asentaron a paixón pola escrita, en particular de relato curto en galego, espertando o compromiso coa posta en valor da súa lingua materna.
Afeccionado á fotografía, o deseño gráfico e a informática en 2024 autopublicou «Bicos de Mortequilla«, unha escolma de dez relatos curtos e dous microrrelatos nos que a Morte está omnipresente sen seren relatos de terror.


