Descripción
EPHEMERIS é unha recompilación de doce achegas desinteresadas construídas co celme de palabras de estilo propio, coas que cada escritor enfeitiza os sentidos deixando o regusto da reflexión. Achegas en galego e castelán nas que cómpre subliñar o compromiso dos autores que, sendo de fóra de Galicia e escribindo en castelán, fixeron o esforzo de achegar os seus textos en galego. Agora correspóndelle ao lector, como procurador de historias, atopar os tesouros que se agochan entre liñas que, a boa fe, seguro haberán de sorprendelo.
LETRA ESCRITA é un espazo de encontro orientado a escritores amadores, teñan obra publicada ou non, co obxectivo de animar e promover a creación de obra literaria en Galicia e en galego, polo que intentamos axudar ao asociado a desenvolver as súas habilidades e, no seu caso, apoiarlle e darlle visibilidade aos contidos que cree.
EPHEMERIS é un proxecto de LETRA ESCRITA enfocado á publicación anual dun libro de relatos, poemas, ilustracións e fotografías elaborados polos asociados con motivo do Aniversario da Asociación.
Participan nesta primeira edición do proxecto
- Verónica S. Suárez co poema «28 de maio de 2014«
- Gabriel Romero co relato «Hipertempo«
- Teresa Grande co relato «Por natureza«
- Fernando Sancho co relato «O segredo de Navia«
- Beatriz Liz de Cea co relato «Viaxe de ida e volta«
- Liliana Monetti co relato «Protocolo de deshumanización«
- Javier Corbacho co relato «Feito doutra pasta«
- María Soaje cos relatos «Aniversario dun comezo» e «Aniversario dunha aprendizaxe«
- Mikius Mora co relato «La caída de las banderas«
- Julieta Rojo co relato «El aniversario«
- Juan Carlos Tarragó «Épica en el Gran Sol«
- Roberto Penas Mariño «Segunda oportunidad. Esquelas, obituarios y otras necrológicas«

Valoraciones
No hay valoraciones aún.